español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
a asociación
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 
A asociación constitúese formalmente en maio de 2006, aínda que comenzou o seu traballo como plataforma a principios do mesmo ano. Está formada por un grupo numeroso de cidadáns indignados polo que se quere facer a carón do Parque Rosalía e que decidimos coordinar esforzos.

Moitos dos que vivimos preto da zona afectada fomos os primeiros en decatarnos do que alí se pretendía facer. Isto levounos tempo asimilalo porque non podíamos crer o que os planos nos mostraban. Pouco a pouco foise recabando información sobre a futura urbanización e foi entón cando se decidiu dalo a coñecer a máis persoas que puidesen ignoralo, xa que isto afecta a tódolos cidadáns lucenses.

Os nosos obxectivos:

  • Preservar o espazo natural do Parque Rosalía e o seu entorno para futuras xeracións.
  • Conservar os sinais de identidade turísticos e paixaxísticos que se divisan dende a Pérgola: o meandro do río Miño, as carballeiras e leiras do seu entorno.
  • Harmonizar os tres espazos máis significativos da cidade: a muralla, a zona monumental e as costas do Parque de Rosalía.
  • Busca-la sensibilización e unión dos cidadáns de Lugo para denuncia-las constantes e desacertadas accións urbanísticas levadas a cabo na nosa cidade nos últimos anos, e que levaron á desaparición de grande parte do seu patrimonio e como consecuencia, da súa identidade.
       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |