español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
descargas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 
  • Como evitar que un promotor perda edificabilidade. O sábado 31 de decembro de 2005, 7 concelleiros do PSOE de Lugo (Orozco, Besteiro, Dopeso, Basadre, Liñares, Burgo e Corredoira) xuntáronse para aprobar 4 urbanizacións. Segundo a disposición adicional transitoria 1.c da ley 9/2002 de Galicia (modificada pola ley 15/2004) as urbanizacións que non estivesen aprobadas antes do 1 de xaneiro do 2006 verían rebaixada a súa edificabilidade. Entre as aprobadas por eses 7 concelleiros estaba a das Costas do Parque. O Sr. Besteiro non tivo reparo en confesar no Progreso que se aprobaron esas urbanizacións para que os promotores non perderan edificabilidade.
    > ver nova en 'El Progreso' (3-1-06)
  • Informe do perito xudicial designado polo Xulgado do Contencioso de Lugo que confirma as irregularidades do proxecto aprobado polo Concello: accesos á urbanización non previstos, incumprimento da normativa de accesibilidade, falla de informes preceptivos, etc.
    > informe do perito xudicial
  • Rosalía Non Se Vende é unha canción que reivindica o respeto por unha das zonas máis emblemáticas de Lugo e ironiza sobre o efecto das actuacións urbanísticas de criterio mercantil.
    > descargar canción (2 Mb.) | escoitar | descargar letra
  • Grandes burradas urbanísticas lucenses de ayer y de hoy.
    En apenas sete minutos pódese ver como nos últimos 30 anos se borraron a golpe de ladrillo, falta de sensibilidade e escaso criterio, boa parte da historia e a identidade de Lugo: edificios emblemáticos que desapareceron e intervencións urbanísticas moi desafortunadas que indican que por desgracia todavía non soubemos, e en especial a clase política, apreciar a cidade na que vivimos: para reflexionar.

    > descargar (2 Mb.)
  • Informe da Consellería de Cultura ó Xulgado, no que se indica a obriga do Concello de Lugo de soliticitar autorización previa a esta Consellería para a execución do proxecto nas Costas do Parque, por atoparse a parcela no radio de protección de dous bens catalogados como son o Sanatorio Portela e as Termas Romanas. Esta autorización non chegou a solicitarse polo Concello.
    > descargar
  • Informe da Comisión de Patrimonio Histórico, integrada por representantes da Dirección Xeral de Patrimonio, Consellerías de Cultura, Política Territorial e Vivenda, representantes dos concellos entre eles o de Lugo, membros do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago, así como por arquitectos, arqueólogos, historiadores e outros profesionais de recoñecido prestixio en materia de patrimonio. A comisión acordou por unanimidade, informar desfavorablemente sobre esta actuación polos graves e irreparables danos que ocasionaría ó entorno do Parque.
    > descargar
  • Letra da canción 'A Carolina'. Concurso de disfraces e comparsas do Entroido 2007.
    > descargar
  • Letra da canción 'Parque Rosalía, Parque Don José'. XVIII Festival Morrovisión do Clavi.
    > descargar
       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |