|
Porque non queremos seguir vendo como Lugo perde a súa beleza e súa historia e para que todos reflexionemos un pouco, nesta sección que aínda está en construcción (perdón pola expresión) iremos incorporando actuacións urbanísticas que, como consecuencia de pésima xestión política, fixeron que en poucos anos a nosa cidade se quedase sin gran parte do seu patrimonio e identidade.
o máis recente
- O desproporcionado e nada coñecido neste momento, novo PXOM.
O plan ten unha previsón a tan só 10 anos de: 350.000 habitantes, 74.000 novas vivendas en solo urbano e 52.000 vivendas nos núcleos rurais. Falamos dun Lugo con 90.000 habitantes e máis de 1 de cada 4 vivendas baleiras (15.000). A Consellería de Política Territorial informou desfavorablemente sobre estas cifras que non se axustan en absoluto á realidade demográfica ¿A quen beneficia este PXOM con máis de 6000 alegacións presentadas polos veciños?
Trala nova configuración do Concello despois das últimas eleccións municipais, hai unha falta total de información que fai que os lucenses descoñezamos os profundos cambios a que foi sometido o PXOM, polo que se fai imprescindible unha nova exposición pública. Coñece os informes coas correcións das Consellerías ó Plan:
> Consellería de Política Territorial
> Dirección Xeral de Patrimonio
> Consellería de Medio Ambiente
Máis información na plataforma www.amellorcidadedomundo.org
- Nova ponte sobre o Miño si, mais non se pode estragar o Parque Marcos Cela.
Inagurado polo Sr. Orozco, prometeu conservar e mellorar este parque en memoria de Marcos Cela.
A ponte afectaría directamente ao 19,5% da súa superficie, perxudicando ó total do parque e á vexetación, resaltada o día da inaguración polo Sr. Orozco, coincidindo co día da árbore. Agora di que estas árbores están vellas, cando todos aspiramos a chegar a vellos sentíndonos respetados. Desde a autonomía municipal, agardamos se respete a iniciativa aprobada por PP e BNG no pleno, para instar a Fomento a correxir este trazado.
Máis información en www.parquemarcoscela.org
- Templo de Mitra no solar do Vicerrectorado.
No solar contiguo á sede do Vicerrectorado na praza de Pío XII, fronte á catedral, desenvólvese o proxecto de musealización -'in situ' e por debaixo do nivel da praza- de restos romanos así como do Templo adicado ó deus Mitra, pero a creación dun salón de actos non fai en absoluto xustificables as alturas dun edificio que tapará unha das vistas máis bonitas de Lugo como é a da fachada da catedral desde a muralla. E o mesmo que aplaudimos a intervención de ICOMOS polo cuartel de San Fernando... aquí botámola pero que moi en falta.
- Novo Auditorio no cuartel de San Fernando.
Lugo precisaba de novo auditorio pero non a calquer precio: despois de moitos desacertos, un proxecto contemplaba unha gran alteración dun edificio centenario como é o cuartel de San Fernando (máis indicado para o Museo da Romanización). O Concello valora o traballo de ICOMOS cando nomea á muralla Patrimonio da Humanidade e prefire non telo en conta cando se pronuncia sobre un proxecto no entorno do monumento, ademais de aproba-lo novo PEPRI incumprindo a obriga de consultar á UNESCO (ver 1º informe).
Alegrámonos da ubicación en Magoi, aínda que o espacio adicado a vivenda de protección, se debera destinar a zona verde en torno ó auditorio, o que está a faltar moito en Acea de Olga.
> 1º informe de ICOMOS (26-2-07)
> 2º informe de ICOMOS (2-5-07)
> 2º informe de ICOMOS, fotografías (2-5-07)
> Infografías do proxecto na web do Concello
- Rúa da Baixa.
Recente obra que perxudica a varias familias, deixándoas sin luz, sin sol e sin posibilidade de evacuación por incendio, terremoto ou similar, xa que a súas casas dan somente para a parte de atrás, onde se levantan dúas moles de oito alturas que dan a rúa Chantada (o primeiro piso pola rúa Chantada, equivale a un cuarto ou quinto da ronda do Carme pola diferencia de alturas entre rúas).
- Destrozo do pedestal da Matrona da praza de Avilés polo Sr. Piñeiro.
O noso concelleiro de vías e obras considerou que se podía estragar a golpe de piqueta o pedestal da escultura da Matrona, a decoración Art Déco de igual estilo que a pérgola do Parque Rosalía e os escudos de cerámica de Talavera que adornaban o pedestal. Sobran os calificativos.
- As torres do Seminario e a praza de cemento.
Dous edificios que ademais de que xan forman parte da 'postal' da Catedral desde a Muralla, provocan un impacto visual que rompe a harmonía do entorno. Primeiro se construiron estas dúas torres, posteriormente outra na rúa Dinán e agora dúas novas que se están a facer próximas a plaza de Bretaña. Atrás quedou o tempo no que se falaba que as hortas do Seminario quedarían para uso público, unha fría plaza pavimentada foi o espacio que quedou.
- Edificio sobre o antigo Parque de Bombeiros.
Este edificio chamado 'Lugo Romano', conseguiu poñer máis 'paredes' á unha Muralla que xa era Patrimonio da Humanidade, nunha das escasas zonas que contaba con vistas hacia a paisaxe que rodea Lugo. Sinalar que esta actuación foi propiciada polo Concello coa venda do solar que era de propiedade municipal (tan grave como triste). Esta imaxe do edificio resultou galardoada co segundo premio do 'III Concurso Fotográfico de Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo' organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia.
outros grandes éxitos
- Construcción do centro comercial Carrefour e do Recinto Feiral ás beiras do Miño.
- Derribo do Seminario Menor para a construcción de edificios.
- Derribo do “Mesón de Aguiar” no xardín de San Roque para… a construcción doutro edificio.
- Derribo do Gran Teatro para a construcción no seu lugar… do edificio Gran Teatro, ignorando por completo a opinión de moitísimos lucenses que se manifestaron en contra desta actuación. A súa compra polo Concello houbese solucionado e existencia dun centro cultural no casco histórico.
- Construcción de edificios na mediana da Ronda das Mercedes. A voz da rúa como no caso de Continente e o Recinto Feiral… tampoco semellou chegarlle ó Concello. As protestas veciñais conseguiron que se fixese un xardín na zona contigua á Avenida de Madrid.
- Na mediana da Ronda de Fingoi tamén se seguíu edificando, rompendo novamente o desafogo que producen as medianas nas rondas de circunvalación das cidades.
- Derribo dos chaléts de Ramón Montenegro (incluidos no catálogo de Patrimonio da Xunta) para novos edificios.
- Construcción de edificio no acceso a Duquesa de Lugo desde a Ronda de Paradai, co que a entrada a esta nova avenida se viu moi estreitada.
- Construcción xunto ao Sanatorio Portela catalogado por Patrimonio, dun edificio de 7 plantas moi próximo que conseguíu deslucir un gran exemplo de arquitectura racionalista na nosa cidade.
|
|