|
Estas son as principais actuacións levadas a cabo pola asociación desde principios de 2006. Desde o comezo, amosades un apoio que nos seguides facendo chegar polo que entendemos é un obxectivo de todos: evitar que 6 edificios de 9 plantas pechen as vistas á paisaxe desde o mirador do Parque Rosalía. Seguimos traballando.
febreiro 2008
- Concentración diante do Uxío Novoneyra, con motivo da inaguración da exposición adicada ó Parque 'Un xardín na memoria'. A sensibilidade do Concello para a montaxe dunha exposición sobre o Parque, sería igual de desexable para protexer ás vistas do seu mirador.
- Participación en Santiago na manifestación de 'Galiza Non Se Vende' convocada por máis de 60 colectivos contra a degradación do territorio e a política do bipartito na Xunta. A asistencia foi próxima ás 10.000 persoas e o problema do Parque tamén se escoitou na praza da Quintana.
- Presentación dunha nova comparsa reivindicativa ó concurso de entroido do Concello formada polos edificios proxectados no Parque, unha ponte sobre o Miño protexendo o Marcos Cela e ata o AVE. Premiada cun accésit polo xurado.
xaneiro 2008
- Participación na Feira de movementos cidadáns e alternativos á "Globalización mal entendida" en Santiago.
- Presentación da campaña ‘Lugo: a mellor cidade do mundo!!!’ sobre o Plan Xeral (PXOM) e o modelo de cidade, en colaboración cos colectivos: ADEGA, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación O Carballo, Club Cultural Valle-Inclán, Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, LugoPatrimonio, Rede ‘Galiza Non Se Vende’ e UNAVE Unión de Asociacións Veciñais de Lugo.
decembro 2007
- Participación na manifestación de Malpica convocada pola Plataforma ‘Seiruga Limpa’ contra o Plan Acuícola da Xunta.
- Acto coa asociación LugoPatrimonio sobre actuacións negativas e positivas no urbanismo e patrimonio en Lugo e presentación da campaña ‘Lugo: bonito sí, pero non así’.
novembro 2007
- Entrega de 1.000 novas sinaturas no Concello de Lugo solicitando a paralización do proxecto e a non concesión de licencia. Supéranse xa as 11.000 recollidas ata o momento.
- Participación en Arzúa na primeira ‘Feira de Asociacionismo cidadá e desenrolo sostible’.
- Presentación da rede ‘Galiza Non Se Vende’ en Santiago, na que se integra a Asociación do Parque, constituida por máis de corenta colectivos de toda Galicia, e que ten como principal obxectivo a denuncia das agresións que sufre o territorio como consecuencia da construcción excesiva en planes urbanísticos, portos deportivos, plan acuícola da Xunta, etc.
- Participación na manifestación de Corrubedo contra as instalacións propostas polo actual Plan Acuícola da Xunta e en defensa do litoral.
outubro 2007
- Recollida de sinaturas e reparto de dípticos polo feiral durante as festas.
- Concentración na ofrenda realizada polo Concello no monumento a Rosalía.
- Concentración na Praza Maior ó rematar o pregón das Festas de San Froilán.
agosto 2007
- A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo integrada por arquitectos, arqueólogos, historiadores, Consello da Cultura Galega, Consellería de Política Territorial, Consellería de Cultura, Consellería de Vivenda, Universidade de Santiago e o Concello de Lugo, acordan por unanimidade informar desfavorablemente a actuación proxectada nas Costas do Parque, concluindo:
- que non respetaría a topografía do terreo;
- para evitar o gran impacto que produciría no entorno histórico, cultural e paisaxístico debe desplazarse a edificabilidade á parte inferior da parcela;
- débese traballar para buscar unha solución integral para a edificabilidade que respete o entorno do Parque Rosalía (supoñemos desde a asociación que por iniciativa dos políticos…).
- Comunicado da asociación ós medios pola falta de sensibilidade do Concello na tala da Carballeira de San Fiz (Montirón).
xullo 2007
- Denuncia por desobediencia ó Concello de Lugo no Xulgado polo non acatamento da orde de paralización emitida pola Consellería de Cultura.
- Recurso contra a denegación de medidas cautelares de suspensión do proxecto.
- Presentación de Recurso Contencioso-administrativo contra o Concello de Lugo polo proxecto.
xuño 2007
- Entregamos dípticos informativos durante as festas de Arde Lucus, en protesta contra a construcción desmedida e os danos que afectan ó noso patrimonio por parte do goberno municipal.
- Petición de medidas cautelares de suspensión xudicial do proxecto de edificación.
maio 2007
- Acampada de protesta no Parque e ofrenda no monumento a Rosalía con gallo do ‘Día das Letras Galegas’.
- Participación na manifestación de Santiago organizada por diversos colectivos de toda Galicia en contra da degradación do territorio.
abril 2007
- Entrega de 10.000 sinaturas ó Presidente Touriño solicitando unha entrevista previa as eleccións municipais, para abordar solucións ante a nula receptividade por parte do Concello de Lugo e as reiteradas manifestacións do Presidente contrarias ó urbanismo especulativo e agresivo co medio ambiente (non recibimos resposta á petición de entrevista).
marzo 2007
- Concentración na praza Maior e presentación da proxección ‘Grandes Burradas Urbanísticas lucenses de ayer y de hoy’.
- Entrega de 10.000 sinaturas na Consellería de Cultura para solicitar que se pronuncie sobre a necesidade do seu informe previo para este proxecto, por estar afectado polo radio de protección das Termas (B.I.C., Ben de Interese Cultural) e o Sanatorio Portela, e pedindo a declaración do Parque como B.I.C. Finalmente a Consellería indicou que era obligatoria a solicitude de informe para este proxecto por parte do Concello, feito que nunca chegou a producirse.
febreiro 2007
- Participación nos concursos de entroido do Círculo das Artes e o Concello cunha comparsa reivindicativa formada polos edificios, a pérgola e as árbores do Parque.
- Entrega de 9.200 sinaturas no Concello de Lugo solicitando a paralización do proxecto e a non concesión de licencias ante a agresión á paisaxe que provocarían os edificios
xaneiro 2007
- Participación na manifestación de Ferrol convocada pola Plataforma ‘Ártabra 21’ contra o edificio que se pretendía levantar na praza de España (o Concello de Ferrol reaccionou ante a protesta veciñal e en colaboración coas distintas administracións, conseguiuse que o proxecto quedase finalmente suspendido).
decembro 2006
- Concurso no XVIII Festival Morrovisión do Clube Clavicémbalo coa canción ‘Parque Rosalía, Parque Don José’.
- Os nosos ‘Papá Noel’ entregaron miles de felicitacións de Nadal ós cidadáns de Lugo para acadar unha maior sensibilización na poboación para protexer o noso patrimonio. Na felicitación aparecía Rosalía de Castro como defensora das inxustizas sociais.
novembro 2006
- Charla-debate da asociación en ‘A Cova da Terra’ sobre a especulación en Lugo, organizada pola asamblea cidadá ‘Avante Lugo’.
outubro 2006
- Concentración na praza Maior ó rematar o pregón das festas de San Froilán.
xuño 2006
- Presentación das infografías sobre o impacto visual das torres.
maio 2006
- Comeza a campaña pola declaración do Parque Rosalía como Ben de Interese Cultural (BIC). Entrega de folletos reivindicativos contra a construción dos edificios. O alcalde recibiu a información no acto do circo romano realizado nas Costas do Parque.
- Ofrenda no monumento a Rosalía co gallo do ‘Día das Letras Galegas’.
- Entrevista co alcalde.
Única contestación: ‘non hai nada que facer. A culpa foi do PP que no ano 1991 deu permiso para construir alí’. Desde 1991 pasaron 16 anos e o PSOE leva máis de 8 no Concello.
abril 2006
- Descubrimento dunha galería de augas de escorrentía no solar da unidade de actuación CS-5, na que se prevé o desenrolo do proxecto.
outras actuacións
A Asociación segue coa campaña de recollida de sinaturas na rúa e en locais e tamén se mantiveron entrevistas con PSOE, PP, BNG e IU-EU así como cos delegados para Lugo das Consellerías de Cultura, Medio Ambiente, Industria e coa Dirección xeral de Patrimonio en Santiago.
Tamén se puxo en coñecemento das distintas fiscalías (Medio Ambiente, Patrimonio, etc.) as irregularidades detectadas ata o momento e recentemente se levaron a cabo traballos realizados por arquitectos e topógrafos na parcela a fin de comprobar a existencia de posibles novas irregularidades.
|
|