Desde que escomenzou o traballo da asociación seguimos a facernos tres preguntas que xa hai bastante tempo que seguen sin resposta:
- A edificabilidade na zona deuse no ano 1991 polo Partido Popular, e había un plazo de 4 anos para a redacción do PERI (Plan Especial de Reforma Interior) previsto no art. 44 do PXOU. Ó non redactarse, pérdense os dereitos do constructor no ano 1995 e desde entón e ata 2003, ano no que se presenta o PERI, os equipos de goberno do Sr. García Díez e o Sr. Orozco puideron reordena-la zona sin coste de indemnización para o Concello ¿por qué non o fixeron?
- Tamén puideron negociar co constructor de maneira que fixese un estudo de detalle cunha edificación adecuada á zona, ou non se podería aprobar dito estudo ¿por qué non o fixeron?
- E tamén podían conculcar a aprobación do estudo de detalle si existían irregularidades no mesmo, as irregularidades existen ¿por qué non o fixeron?
Vemos que os Srs. García Díez, Arias Roca, Orozco e Besteiro puideron, claramente, en tres ocasións evitar esta desfeita ¿por qué non o fixeron? Preservar o patrimonio natural polo seu valor ecolóxico, paisaxístico ou cultural é parte do novo decálogo do PSOE contra o urbanismo salvaxe e a especulación ¿esto é aplicable en Lugo?
A nosa asociación coa axuda de todos podemos arranxar esta desfeita, polo momento xa denunciamos no Xulgado a existencia de irregularidades no proxecto e o propio fiscal actuou de oficio, tamén se presentou recurso contencioso-administrativo. Cando unha administración fai unha xestión nefasta para Lugo, todos somos responsables e debemos actuar.