español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
novas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Presentación en Santiago da rede 'Galiza Non Se Vende'
Galiza Non Se Vende(17/11/07) Onte venres tivo lugar no Clube Internacional de Prensa en Santiago, a presentación da rede 'Galiza Non Se Vende' na que se integra a Asociación do Parque. A Rede Litoral Vivo, impulsora da manifestación celebrada en Santiago o 6 de maio contra a degradación do territorio, ábrese a novos colectivos que até entón non estaban representados na que foi a primeira agrupación unitaria de organizacións ecoloxistas e colectivos cidadás. Motivo desta ampliación xurde a rede cos mesmos obxectivos que o 6 de maio conseguiron aglutinar á Galicia defensora do territorio.

Nesta presentación ante os medios falouse da nova páxina web www.galizanonsevende.org que servirá de ventá para todos os grupos que formen parte da rede GNSV, un medio que ademais de difundir a problemática das distintas localidades galegas servirá como nexo de unión entre todos nós. Tamén queremos informarvos que se traballará na organización dunha gran manifestación en Compostela o 17 de febreiro, tal e como se acordou na última reunión da Rede Litoral Vivo.

Dende aquí queremos invitarvos a participar neste novo movemento que tenta manter en alto a dignidade dun pobo que soubo demostrar cando o Prestige que o conformismo non é precisamente o seu sinal de identidade, cousa que algúns desexarían.

E informarvos de que tamén esta fin de semana terá lugar en Arzúa a Feira de Asociacionismo cidadán e Desenrolo Sostible, na que a asociación participará no stán de 'Galiza Non Se Vende'.

< voltar | web Galiza Non Se Vende

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |