español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
novas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

A comparsa do Parque premiada cun accésit neste Entroido
a ponte sobre Miño que protexe o parque Marcos Cela(5/2/08) Por segundo ano, a comparsa da asociación participou no concurso de disfraces e comparsas organizado polo Concello, que tivo lugar o pasado martes. Á recreación da pérgola do Parque acompañada das árbores, sumáronse este ano as novedades dunha nova ponte sobre o Miño protexendo o Marcos Cela e ata un AVE. O desfile foi seguido por numerosos lucenses que se achegaron a ver as moitas e divertidas creacións dos participantes.

O percorrido escomenzou na Praza da Soidade para continuar por Santo Domingo, rúa da Raiña e rematar diante do concello, momento no que tivo lugar a presentación de cada un dos disfraces e comparsas. Durante o desfile seguimos a reivindicar dun xeito festivo, como corresponde ó Entroido, a paralización do proxecto nas Costas do Parque e xa na praza Maior, interpretamos unha versión da popular canción galega 'A Carolina', na que se aludía entre outros temas á recalificación da finca do Concelleiro Liñares.

< voltar | letra da canción 'A Carolina'

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |