español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
novas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Manifestación de 'Galiza Non Se Vende' en Santiago
manifestación de Galiza Non Se Vende(17/2/08) Os máis de 60 colectivos da rede ‘Galiza Non Se Vende’ na que se atopa a Asociación do Parque, Adega ou Sos Caurel, participamos nunha ‘mani, festa, acción’ en Santiago na que se amosou o rexeitamento a degradación do territorio e a política medioambiental do bipartito na Xunta. En negativo, o escaso eco que se quixeron facer a maioría dos medios dun acto que reuniu a preto de 10.000 persoas chegadas de toda Galicia.

A necesidade desta nova mobilización despois da do pasado mes de maio, xurde polas medidas levadas a cabo polo novo goberno da Xunta no referente a aspectos como o devastador Plan Acuícola, o da Minería, a xestión de residuos e o consentimento a un urbanismo depredador demostrable co feito de que entre 1998 e 2007 se construiron en Galicia 300.000 novas vivendas, cando a poboación só se incrementou en 46.000 persoas, o que supón seis vivendas por cada novo cidadán.

A esta situación, sumouse un servizo de transporte insostible con infraestruturas como desdobramentos de autovías, que supón a emisión dunha tonelada neta máis de CO2 ao ano, e un litoral que xa escomenza a degradarse como se pode comprobar no caso da Mariña lucense ou en Pontevedra, na que un 21% da súa liña de costa está urbanizada, porcentaxe similar á Xirona, Valencia ou Cádiz.

Por todo isto, preséntase un futuro nada prometedor para unha Galicia que podendo ser paraíso paisaxístico debido a esta destrución da paisaxe e o patrimonio cultural, estase empobrecendo a biodiversidade e empeorando a calidade de vida da cidadanía, hipotecando as xeracións futuras, para como moito, enriquecer unha minoría.

A rede 'Galiza Non Se Vende' avogou por facer desta protesta unha festa, animando a todos os participantes, aproveitando a despedida recente do entroido, a recuperar os disfraces para, xunto a instrumentos de todo tipo, ser partícipes dun acto crítico desde algo tan saudable como é o humor.

A manifestación, escomenzou ás 12.00 horas na Alameda compostelá cun 'top-manta asociativo', no que as 60 asociacións que conforman a rede ofreceron os seus folletos informativos e todo tipo de merchandising. O percorrido finalizou na praza da Quintana, coa lectura colectiva dun manifesto no que tamén se escoitou o problema do Parque. En definitiva, un exercicio de responsabilidade e coherencia da cidadanía, ante a necesidade urxente de cambiar as actuais políticas ambientais.

< voltar | web Galiza Non Se Vende

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |