español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
novas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Exposición 'Un Xardín na Memoria' e concentración no Uxío Novoneyra
un Xardín na Memoria(20/2/08) A exposición 'Un Xardín na Memoria' adicada á historia do Parque Rosalía de Castro e organizada polo Concello, inagurábase o pasado mércores e como era a nosa obriga, alí estivemos para seguir reivindicando a paralización do grave proxecto de edificación previsto para as Costas. Aproveitamos a ocasión para seguir recollendo firmas na rúa e falar coa xente que se achegaba moi en desacordo coa esta equivocada actuación.

Segundo indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, 'con esta exposición, trátase de transmitir a todos os cidadáns o que é o Parque e que se lle de máis valor se cabe'. Estas palabras lévanos a unha pregunta: ¿non son os nosos gobernantes os primeiros que deberían dar exemplo cando se fala de darlle valor ó Parque?

O abandono ó que estivo sometido nos últimos anos pode verse subsanado cunha adecuada labor, pero o que non ten recuperación posible son as vistas desde o Mirador, caso de que o Concello dé licencia de obra para 6 edificios de NOVE PLANTAS.

A exposición que permanecerá aberta ata o 15 de marzo no Uxío Novoneyra conta con 130 fotografías, 50 planos, 100 dixitalizacións de prensa e recortes que amosan a historia e evolución deste magnifico espazo verde. Lembramos as palabras do arquitecto municipal Ramiro Sainz, autor do proxecto, sobre as condicións que debía reunir a ubicación '...la vista panorámica que se disfruta desde diversos puntos, de una belleza incomparable'. Dicir tamén que ata 1931 era coñecido como Parque Bella Vista.

< voltar | web do Concello

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |