Oposición ao cerramento do Parque
(11/2/10) A Asociación Cultural na Defensa do Parque Rosalía de Castro e o seu Contorno, diante das manifestación feitas polo Concello de Lugo, en referencia a intención de cerrar o Parque Histórico da nosa cidade, queremos mostrar a nosa mais enérxica repulsa a este Acordo do goberno, porque pensamos que os cartos que costaría tal actuación (2,4 millons de euros, segundo a Sr. Alcalde) poderian axudar a solucionar as necesidades económicas que nesta crise padecemos, fundamentalmente, os traballadores e traballadoras.
Pensamos tamén que, cerralo, sería outra agresión mais a ese espacio libre e verde que foi creado para o goce e contemplación das fermosas vistas. Coutalo deste xeito brutal sería o mesmo que construir unha gaiola onde nos sintamos oprimidos. Pódese contemplar unha paisaxe a través dos ferros dun cárcere?
Esta Asociación entende que é necesaria unha actuación de mantemento e limpeza do Parque, que atenda tamén ao saneamento das arbres e a sua identificación.
Os argumentos que manifestan para tal decisión non teñen peso algún, pois non solventan nen arranxan nada. Non se solucionan os problemas perseguindo a xente sen lle dar alternativas reais ao seu ocio. O Parque é un espazo único no centro para toda a poboación, e todos e todas temos o dereito de gozalo e respectalo sen ningún tipo de impedimento.
< voltar
|