español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Galiza, Terra das Balcoadas: a do Parque Rosalía de Castro
"E deixame ir ao alto que do alto vexo ben..."
Adela Figueroa

Din que esta é a terra dos mil rios. É ben certo. Mas o mais maxestuoso da nosa paisaxe son as magníficas varandas e miradoiros, que permiten alonxar as olladas, paseándoas polos múltiples horizontes que mostran as nosas variadas paisaxes. Tanto ten que sexa o alto do Picato, Monte Calvo, Cerdedo, ou o balcón das Peniceiras no alto Ulloa, onde pousan as águias para comer e axexar as presas. É grandioso o balcón do Candán, desde onde se domina toda a terra do Deza.

Mas de todas as varandas a que me resulta mais cercana é a que forma o Parque de Rosalía de Castro, en Lugo. Este xardín exemplo de modernismo, feito sob o governo municipal de Don Ánxel López Pérez, foi diseñado para aproveitar as formas naturais da paisaxe lene e doce que o Miño rega ao seu paso pola cidade. Unha falla de distensión abriu o penichao gastado por millons de anos de traballo xeolóxico facendo un carreiro para o paso do rio. O Parque está instalado no borde desa falla. O arquitecto italiano que o veu diseñar, aproveitou esa circunstancia, potenciando acertadamente as posibilidades paisaxísticas do lugar. Desde a Pérgola a vista é magnífica. Os lugueses orgullámonos deste curruncho, e gustamos de levar alí as visitas.

Infelizmente desde hai un ano a Pérgola está pechada. Unhas obras comezadas e paradas teñenna inexplicablemente inhabilitada. Tamén a vista desde ela está ameazada. O urbanismo feroz e insaciable ten proxectado un enorme edificio de 9 plantas, elevado en vigas para nivelar a pendente das costas, que privará a vista de todo o lado esquerdo da Pérgola sobre o rio Miño. As costas do parque van ficar para sempre nun tunel que limitará a vista ao meandro do río na Cheda e á Ponte romana.

Non hai explicación para dar permiso a este IMPACTO PAISAXÍSTICO. Semella un contrasentido que, no limiar dunha Lei da Paisaxe anunciada polo Presidente da Xunta para o mes de setembro, se permita destrozar irreversivelmente a mais fermosa paisaxe que podemos disfrutar en Lugo.

Don Anxel López Pérez merece un respeto e todos os lucenses tamén. Fagamos un exercicio de dignidade e defendamos o noso patrimonio natural e cultural. Esa será a maneira de gañármonos o respeto dos nosos descendentes. "Non temos a terra herdada dos nosos pais. Témola emprestada dos nosos fillos".

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |