español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

O Parque e a paisaxe. Non deixemos roubar o noso patrimonio
Adela Figueroa

O Parque de Lugo é algo mais que os metros cuadrados que ocupa o seu emplazamento estricto desde a avenida de Rodriguez Mourelo até as costas en que desce ao encontro do rio cruzando pola Volta da Viña. A grandeza do Parque de Rosalia de Castro non reside apenas na sua riqueza floristica mui valiosa. Tampouco no seu trazado que fornece agradables paseos e recunchos fermosos e equilibrados onde apetece sentarse a ler ou pensar.

A grandeza do Parque é a sua integración na paisaxe. A grande baranda que se debruza sobre o val do Miño está orientada para poder seguir o curso do sol até que se deita tras da liña do horizonte que debuxa o planalto de Orbazai.

Desde a grande baranda vese cando as neves chegan aos Ancares e pódese seguir o serpentear da estrada de Portomarin, primeiro degrao do Horst que coroa o Monte Picato. A grande baranda fainos pensar na solaina dos pazos. É a nosa solaina. De todos os lugueses. Podémola disfrutar tanto se somos fidalgos como xente común do povo.

É unha solaina socializada. Desde ela podemos ver a paisaxe lene e doce dos suaves outeiros que remontan en tres escalons até coroar o cumio do Picato . No baixo a serpe do rio deixanos dous meandros ben debuxados: o da Cheda e o da Tolda. Entre eles a Ponte romana. O primeiro en declive suave formado polos sedimentos aluviais que o Miño foi deitando desde a noite dos tempos. O outro cinxido entre os xistos horizontais que abriron por efecto dunha falla de distensión ou estiramento. Os mesmos xistos que se empregaron para construir a muralla e tantas casas de Lugo deixaron sitio para a estrada da Tolda de Castilla e o parque do Miño. A nosa vista pode encherse de verdes ou pardos en diferentes gamas de cores que forman os campos separados por sebes arborizadas e camiños serpenteantes, e vagar até os múltiples horizontes dun sky-line suxerente e divertido. O Parque foi construido no mandato de Don Ángel López Pérez en épocas de bastante mais penuria económica que a actúal. Mais, hoxe o “poderoso cabaleiro don diñeiro” exerce o seu implacable dominio de maneira dictatorial. Agora vannos privar aos Lugueses/as das fermosas vistas do Parque. Queren construir unha mole cadrada inmensa que bloquee todo o lado de nacente, embaixo da Pérgola. Será por iso que a teñen pechada ao público e non a arranxan? Para que non poidamos apreciar a paisaxe desde ela e perdamos a perspectiva das comparacions?.

A desfeita urbanística que se planea facer nas veiras do Parque é unha afrenta a todos os habitantes de Lugo. É tamén unha afrenta á nosa historia e a un dos mellores alcaldes que tivo esta cidade. Prívannos dun ben común e fai desmerecer un dos nosos valores patrimoniais mais senlleiros. Non debemos de consentilo. A sociedade civil ten que facer oir a sua voz por cima dos intereses urbanísticos que so buscan facer un diñeiro rápido sen pensar nas xeracións futuras nen nas pasadas. Para o Parque ten que haber outra solución, incluso urbanística, que non signifique a perda do noso patrimonio Paisaxístico e Cultural. Cando está anunciada unha Lei da Paisaxe para Galiza non consintamos destruir a mais fermosa que ten esta cidade de Lugo.

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |