Vista ao lonxe
Cantiga ao Parque de Rosalía de Castro de Lugo.
Quero ir ao altinho
Que do altinho vejo bem
Adela Figueroa
(publicada na revista Xistral)
Vista ao lonxe, lonxe, lonxe...
Deixa–me voar cós ollos,
Cos ollos do meu corazón
Que se os pes voar non poden
A i-alma paira mellor.
Pairar, pairando por baixo do sol
lene e mol
Xogando có vento
Co ar, coa calor.
Ping, pong.
Lá vou euuu!
Direitiña:
Vin un reiseñor,
un merlo, unha rula, un pardal .
cantando
ao dia,á luz, ao rio,
á ponte
e ao por-de-sol.
Non pechedes as xanelas
Que do outeiro vexa o val
Que do val quero ver o rio
Que no rio quero remar.
Na miña barca pequena
No meu batuxo miñoto
Feito de pau de amieiro.
Chouta, chouta destemido
Nos cachons do rio fero.
E paseia no rio manso
Nas brancas frores de maio.
Fervenzas da Fervedoira.
Muiños do rio Rato
Levai as augas da Chanca
Que quere casar có Miño.
Deixai que fagan o amor
Coa paixón amolecida
Do seu canle artificial.
Eu desde a miña baranda
Sei do seu humedo pracer.
Que adeviño, mais non vexo
tanto como quixera ver.
Quero seguir vendo ao lonxe
Do meu alto
Do meu parque.
Parque de Rosalia.
Quero bañar os meus ollos
No verde, no prata,no azul.
Do meu Minnius,
rio Miño.
Quero voar como o vento
Polo val sobor d’outeiros.
E cantar unha cantiga
De amor ferida
Por todos e por ninguén.
Polos que ven coma min
Polos que non queiran ver.
Verdes vales, outeiriños
Picatos e Fervedoiras
Que vos poidera prender
Por sempre
Nas meniñas dos seus ollos
Gulosas.
< voltar |