español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Os cárceres do Parque de Rosalía
Adela Figueroa

Gostaria ser mais eficaz. Gostaria poder parar esta burrada.
Mas non teño mais forza que o meu voto.
Pero teño toda a forza do meu voto.
E teño a miña gorxa
e teño a miña voz.
Teño o meu grito
alto,
forte
a miña desesperación.
que se fai esperanza
cando se xunta a outras voces,
a outros gritos
a outras raibas
facendo un berro grande
alto
forte, forte, FORTE, FORTE, E ,E ,E ,E
que deitado ao ar, desde a baranda do Parque
Faga tremer as Costas,
Faga tremer os tixolos,
As trabes e as apeas
en que nunca se vai pousar
O monstro paralelepipédico feito de vidro tixolo e cimento.
O cárcere en que queren
encerrar os nosos ollos.
Para fecharen as almas, os espíritos,
e os humanos, naturais anceios
de voar.

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |