español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

A especulación ameaza con destruír o emblemático Parque Rosalía
Alvaro Abuín (16 anos)
(publicado en "El País de los Estudiantes")

O parque de Rosalía de Castro, é un dos emblemas da cidade, un paraíso, se cabe, no mesmo centro da cidade acostumado a sobrevivir a pesar de estar rodeado de cemento e da contaminación que unha cidade provoca. Este parque relaciona a persoas de tódalas idades e fai que a realidad se confunda cos soños, xa que é un lugar axeitado tanto para resgardarse debaixo dunha árbore cando chove, como para deitarse a botar unha sonetada nos días de sol. É, ademáis, un lugar cheo de xente ó longo de todo o día, durante a mañá os anciáns acuden ó parque para charlar e contar os últimos contilleos, durante o mediodía é inimaxinable a cantidade de xente que acude a comer ás costas do parque de bocadillo (sobre todo estudantes), pola tarde, como non podía ser doutra forma, os nenos van xogar e correr polos columpios, facendo amigos novos cada día, e favorecendo a súa interacción social co medio e con outros pequenos, durante a noite, moitas persoas corren ó longo do parque para manterse en forma. Pois ben, isto que agora disfrutamos os case cen mil habitantes que hay en Lugo, máis toda a xente que o visita, pronto será para disfrute exclusivo duns cantos privilexiados que terán o seu propio fogar no mesmo parque. Se no chegaba con que o parque estivera rodeado por tódolos lados de cemento, agora é o propio cemento quen se vai apoderar do pouco verde que quedaba en Lugo, destruíndo todas as costas cheas de verde, quitando as vistas ó val do Miño e escorrentando de alí a tódolos que acuden diariamente. Siceramente, o acto de construir no parque, paréceme unha das maiores aberracións contra a natureza, que a propia lei defende, e é un mal que dentro de pouco será irreparable se as obras, que parecen polo momento paralizadas, se retoman. Para isto, a plataforma en defensa do parque recaudou dez mil firmas, que foron inservibles, xa que se comezou a construir, pero que si puideron ter efecto na detención das obras. Destruír o parque, deixando a un lado ideoloxías e intereses políticos, vai ser un grave erro, xa que moitas vidas quedarán paralizadas, ó ser o parque centro de moitas vidas, sobre todo de anciáns e nenos. Ademáis, o parque de Rosalía é un auténtico distintivo da cidade que ningún lucense desconoce. E, non debemos esquecer que outras cidades, teóricamente máis avanzadas ca Lugo, contan con grandes parques entre algún dos seus símbolos, cómo a Alameda de Santiago, O Retiro en Madrid ou o Centra Park na mismísima metrópole de Nova York. Todo aquel que goce de sentido común, xa se deu conta da tremenda burrada que se está a cometer. Se hai algo positivo que isto nos deixa é a formación da plataforma en defensa do parque, que xa se espallou a outras obras sospeitosas da cidade, e que velará por que as leis en canto a urbanismo se refire, se cumplan. E para rematar, dicir que este tema non debería, sinceramente, xerar tanto debate, se todos gozásemos de sentido común...

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |