español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

O Plan Director do Parque
Helena Mosqueira Péres
(publicado en 'El Progreso', 26/2/08)

Moi interesante a exposición sobre o Parque Rosalía de Castro que se pode ver no Centro Uxio Novoneira.

Canto temos que agradecer os lugueses e luguesas a ese Alcalde D. Angel Pérez López que fixo posible que disfrutemos dun parque tan fermoso, e que hoxe podemos chamar o Parque Histórico de Lugo

Moi bonito que hoxe o Sr. Orozco se interese por mostrarnos o proxecto que no seu dia se fixo, e que nos falen dese Plan Director , que se está elaborando,pero mais interesante seria si nos falasen da súa amplición xa que nos anos 20 fecha que data a súa construcción lugo tiña unha poboación moito menor, pero D. Angel López Pérez, pretendia facer un amplo parque, e asi o fixo para época.

Magoa que hoxe os nosos gobernantes municipais non sintan a mesma necesidade de parque amplo e procederan a unha ampliación. Mais ben o futuro do noso parque histórico Rosalia de Castro será (si a xustiza non o remedia) un parque constrinxido polas torres mangadas en columnas e sobor dun terreo deformado na súa propia topografía, que taparán as vistas que disfrutou e que lle valeron o nome, no seu dia, de Belavista.

Lastima que os terreos únicos posibles para poder amplialo señan usados para especulación urbanística.

Que diferencia de miras de un Alcalde a outro!

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |