O Parque e a Xustiza
Helena Mosqueira Péres
(publicado en 'El Progreso', 21/4/09)
Hoxe pasei polo Parque de Rosalía de Castro. Como todo o mundo sabe, o Parque Histórico de Lugo. O Parque, no que todos vivimos feitos que foron importantes na nosa vida. Chamo a súa atención, Sr. Director, xa que a sede do seu xornal está perto deste lugar tan emblemático, e seguro que vostede ve con preocupación o que está a suceder no seu entorno. Ese espacio tan agradable para contemplar o río Miño e ós seus meandros, está sendo agredido de forma brutal pola urbanización que se está a levantar e que sube de forma acelerada, sen dar tempo a que a xustiza dea o seu veredicto. É verdade que nosa Xustiza e moi lenta, pero os promotores saben que esta obra está pendente dun Contencioso. Pode que este sea o motivo de que suba tan rápido para que todo quede en feitos consumados.
Eu como veciña de Lugo, lamento que a xustiza non sea máis dinámica, sobre todo estando a sede do Pazo de Xustiza tan perto deste atentado, e na miña opinión terian que ser consecuentes e dar unha solución a este conflito.
Tamén invito a que os lugueses e luguesas que desexen que o Parque non sufra esta agresión, apoien as accións que a Asociación en Defensa do Parque de Rosalía e o seu Entorno, leve a cabo.
< voltar |