español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Ética e estética
José María López Bourio

A iniciativa dun grupo de cidadáns que libremente deciden crear unha Asociación para Defensa do Parque de Rosalía de Castro e o seu entorno, debe de ser saúdada con xúbilo nunha cidade durmida onde se permitiu todo tipo de excesos urbanísticos e de destrución do Patrimonio.

Os nosos fillos e as futuras xeracións de lugueses non se merecen a herdanza deteriorada que se lles lega, e se miran cara atrás e consultan as hemerotecas, preguntaranse: ¿por qué renunciamos a amar a cidade e permitimos que ignorantes contratistas decidisen o noso futuro urbanístico?

Porque esa é a realidade, hai tempo que en Lugo quenes deseñan o seu planeamento non son os expertos, nin os arquitectos, nin os urbanistas, a cidade medrou tendo só en conta os intereses especulativos de quenes propietarios ex novo do solo, que era rústico, ou non programado, con escaso valor material, por parte dos seus manexos convírtense en solo urbanizable deixándolles pingües beneficios.

A sociedade de Lugo renunciou hai moitos anos a exercer a súa crítica, a persoarse e dar a súa opinión, a denunciar non só públicamente, senón tamén a facer uso dos mecanismos legais que as normas permiten para defenderse nos Xulgados e Tribunais das agresións que como cidadáns vemos que son perpetradas por un grupo de contratistas sen sensibilidade algunha, exprimindo o planeamento ó máximo, utilizando argucias como a recalificación, os plans parciais, a permuta ou como din algúns rumores rozando a legalidade ou trasgredíndoa.

Por elo, a Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía de Castro, merece todo o meu apoio e sen dúbida os máis de 11.000 lucenses que estamparon a súa firma para solicitar que o Parque sexa declarado Ben de Interese Cultural (B.I.C.), farán despertar a conciencia cidadá conseguindo facerse oir.

É necesario organizarse dende a sociedade civil, xa que a cidadanía de Lugo vai facer ver ós seus representantes políticos que non está durmida, que levamos anos nos que se destruíron a maior parte do patrimonio cidadá, que se consentiron aberracions como as últimas torres en terreos do Seminario Maior; que o edificio que se está finalizando na esquina da rúa da Raiña atenta contra todo o conxunto colindante de fachadas espléndidas do século XIX; que o edificio que constriñe, tapa e afoga o Sanatorio Portela non debeu de obter licenza; que o que agora se pretende cos que se plantexan construír pegados ás Costas do Parque serán unha nova muralla, que en vez de ser un monumento romano, serán un mamarracho de cemento, ocultando a visión xa moi perxudicada do Rio Miño e o seu entorno natural.

Permítanme recordarlles aquela cita de Tacito no Agricola; "A opinión pública non sempre se equivoca, algunhas veces incluso elixe".

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |