español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Cando xa non aturo máis
Lois Diéguez

Cando xa non aturo máis
o fedor de tanto tigre
marcho rúa abaixo
cara á verde luz
e a auga azul
a sentir os berros pequeniños
de alegría e xogo
que só alí se encontran,
onde os parrulos nadan
incansablemente
e os chafaris enchen de música
a tarde soleada.
Chaman-lle atinadamente,
o pulmón da cidade,
mais o triste é
que somente hai un
e xa non chega para tanta fuxida,
pois advertín esperanzado
que cada día son máis
os que percuran o meu refuxio.
E que pasará
cando non collamos?

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |