español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Cando manda tema
Lois Diéguez
(publicado en 'A Nosa Terra', 23/11/06)

En Marbella saiulle un furuncho aos partidos españois e axiña tocaron a rebato para que o tema do urbanismo se espallase ao territorio "nacional". Así que nós non somos excepción e sufrimos agora a dose que nos toca. Como se isto fose un problema detectado onte. Como se non soubésemos o que pasa desde hai ben anos –curiosamente desde que entramos na Comunidade Europea- na nosa longa e envexábel ribeira marítima. Toca, por tanto, falar de urbanismo para tapar así outros graves problemas do PP e do PSOE. Pero nós non queremos armar un zunido que nos leve a atallar as causas reais do urbanismo da rapina. Son as mesmas de todos os outros problemas económicos. E das Leis que nos rexen, aprobadas precisamente polos que antes mencionábamos. Lembran a lei de Grandes Cidades entregándolle o poder local ás grandes empresas (tamén do urbanismo)? As das corporacións, eliminando a presenza dos partidos da oposición dos órganos de goberno onde se cociñan as substanciosas operacións, ou os poderes absolutos que como un rei feudal toma o alcalde? Onde quedaron a democracia, a participación ou o poder público? E lembran as leis do urbanismo que axudan tamén as operacións especulativas? Onde se viu que un axente urbanístico sen funcións públicas nen elección democrática teña poderes mesmo para expropiar? Que base económica colectiva temos hoxe os cidadáns fóra da puramente urbanística? Onde ficaron as nosas fábricas? De que podemos vivir? Para que serven as terras dos nosos labregos abandonadas pola forza? Que tipo de entradas económicas teñen os concellos fóra das puramente urbanísticas? E por fin, quen elabora e controla os Planos Urbanísticos senón os mesmos construtores que son os que realmente nos rexen? Digamos, en fin, que uns polos outros, a casa segue destruíndose sen que nos importe grandemente. E, como sempre, os criminais continúan a enriquecerse.

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |