Legalidaz?
Marcos Bourio Corral
Para desculpar o imposible, o Concello trata de disfrazar de Legalidaz a aberración que pretendían construír nas costas do Parque Rosalía (e digo COSTAS, xa que unha leira da devandita actuación oficialmente está rexistrada como LEIRA DAS COSTAS DO PARQUE). O que non din é que a súa incompetencia estalles impedindo arranxar o desaguisado con outras actuacións que podían ter moita máis Legalidaz sen ter que danar irreparablemente o Parque con mellores vistas de Galicia, por non dicir de España, sen ter que *conculcar os dereitos de ninguén, pois había miles de xeitos de facelo.
Cada día súmanse novos informes e opinións contrarias a devandita actuación. Noutras cidades como Ferrol, bastou a vontade dos Gobernantes para que non construísen unhas torres no medio da Praza de España.
Aos señores da nosa corporación : Sensatez, honradez, legalidez e, sobre todo, SENTIDIÑO.
< voltar |